Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Neda abre a inscrición no Curso de mediadores/as sociais en prevención


A acción, gratuíta, desenvolverase nos meses de maio e xuño na Casa da Cultura

O Concello de Neda abre inscricións no curso de Mediadores/as Sociais en Prevención. A acción formativa, gratuíta, está dirixida a integrantes de entidades sociais, culturais, deportivas, ANPAS, monitores/as, familias, ou membros de agrupacións de voluntarios de Protección Civil ou axentes da Policía Local. En definitiva, aquelas persoas que no seu momento poden exercer unha función mediadora na prevención de condutas adictivas, cumprindo así funcións de dinamización da comunidade. Inclúese no proxecto de prevención de condutas adictivas que desenvolven os concellos de Fene, Mugardos e Neda co apoio da Consellería de Sanidade, e celebrarase na Casa da Cultura nos meses de maio (os mércores 4,11, 18 e 25) e de xuño (días 1, 8 e 15), de 17:30 a 19:30 h.

As prazas están limitadas a 15 e a inscrición deben formalizarse na Casa da Cultura ou enviando a ficha -dispoñible na web municipal- ao correo celia.sabin@neda.gal .

O prazo conclúe o 28 de maio.
O curso, que impartirá persoal técnico de Asfedro, ten como obxectivos mellorar as actitudes preventivas das persoas mediadoras; incrementar os coñecementos sobre contidos preventivos, e aumentar as habilidades para a planificación de programas preventivos. Así, entre outros contidos, abordarase o papel da persoa mediadora na prevención de condutas adictivas, información xeral sobre drogas ou a relación entre estas e a adolescencia.